Publicador de contidos
Publicador de contidos

Consumo pide retirar lotes de tinto de verán de La Casera por conter fragmentos de vidro

Consumo pide retirar lotes de tinto de verán de La Casera por conter fragmentos de vidro

Galicia está entre as comunidades autónomas en que foron distribuídos

A AESAN pide non consumilos en caso de telos na casa

Tinto de verán de La Casera (AESAN) Tinto de verán de La Casera (AESAN)
G24.gal 02/09/2024 16:01

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN), adscrita ao Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, pediu a retirada de varios lotes de tinto de verán da marca La Casera pola posible presenza de fragmentos de vidro. Galicia está entre as comunidades de distribución.

Os produtos afectados son o tinto de verán con limón, con limón 0,0 e con gasosa. En caso de telos na casa, a AESAN pide non consumilos.

No tinto de verán con limón, os lotes afectados son os seguintes: 1041024197, con data de caducidade do 15/07/2025; 1041024198, con data de caducidade do 16/07/2025; 1041024199, con data de caducidade do 17/07/2025; 1041024200, con data de caducidade do 18/07/2025; 1041124222, con data de caducidade do 09/08/2025; 1041124223, con data de caducidade do 10/08/2025; e 1041024239, con data de caducidade do 26/08/2025.

Os lotes afectados do tinto de verán con limón 0,0 son: 1041024200, con caducidade o 18/07/2025, e o 1041224201, con caducidade o 19/07/2025.

Por último, os lotes afectados do tinto de verán con gasosa son: 1041224201 (con data de caducidade do 19/07/2025) e 1041324221 (con data de caducidade o 08/08/2025). A propia empresa comunicou a incidencia ás autoridades competentes, en cumprimento da lexislación e a fin de non poñer ao dispor da poboación alimentos non seguros.

A AESAN foi informada a través o Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI).

Segundo a información dispoñible, a distribución inicial foi ás comunidades autónomas de Andalucía, Asturias, Aragón, Illas Baleares, Cantabria, Cataluña, Castela-A Mancha, Castela e León, Illas Canarias, Estremadura, Galicia, Madrid, Murcia, País Vasco e Comunidade Valenciana, aínda que non é descartable que poidan existir redistribucións nas outras comunidades autónomas.

Esta información foi trasladada ás autoridades competentes das comunidades autónomas a través do SCIRI, co obxecto de que se verifique a retirada dos produtos afectados das canles de comercialización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade