Pódese comer froita cortada na praia?
Pódese comer froita cortada na praia?
Consellos para que o noso estómago non se resinta
Levar a froita para merendar cando imos á praia é todo un clásico. Pero como facemos se son pezas grandes? Normalmente levámola cortada.
Manuel Viso, médico Hospital San Rafael: "A froita ten azucre, ten ácido, sobre todo as froitas ácidas favorecen máis a contaminación e o sobrecrecemento bacteriano e o azucre da froita encantado para as bacterias para que poidan medrar aí", di Manuel Viso, médico Hospital San Rafael.
E que síntomas podemos ter se nos intoxicamos?
Manuel Viso, médico Hospital San Rafael: "Dor abdominal, diarrea, vómitos, febre. Normalmente son intoxicacións alimentarias que adoitan durar 3 ou 4 días. A diferenza das víricas, neste caso son diarreas como máis mucosas, incluso con sangue", engade Viso.
Non a todo o mundo lle afecta igual. A xente baixa de defensas, as embarazadas, os maiores e os cativos son os máis propensos. O mellor que se pode facer é levar sempre as froitas enteiras e comelas inmediatamente nada máis cortalas para non dar tempo a que as bacterias poidan medrar.