Publicador de contidos
Publicador de contidos

Economía impulsa un plan para simplificar os trámites que afrontan as empresas

Economía impulsa un plan para simplificar os trámites que afrontan as empresas

A Xunta celebra que o Goberno central se sume á aposta por reducir a burocratización

Carlos Cuerpo fixo a proposta na sectorial para a Mellora Regulatoria

G24.gal 18/09/2024 21:14

O ministro de Economía Carlos Cuerpo lanzou este mércores un plan para simplificar os trámites a que se enfrontan as empresas nas diferentes administracións, que permitirá "eliminar as barreiras e obstáculos á actividade empresarial" e avanzar na unidade de mercado.

Cuerpo presentou esta proposta á Conferencia Sectorial para a Mellora Regulatoria e o Clima de Negocios, á que asistiron representantes de todas as comunidades autónomas, as dúas cidades autónomas e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), e tamén os presidentes da Cámara de Comercio e o Consello da Produtividade.

O obxectivo, explicou, é "simplificar" os trámites, por exemplo, cunha ordenanza tipo para o comercio común para todo o territorio, a fin de "facilitar a vida ás empresas", o cal impulsará o seu crecemento, produtividade e competitividade.

A Xunta celebra que o Goberno central se sume á aposta por reducir a burocratización nos trámites coa administración. A conselleira de Economía explicou que Galicia xa o está facendo. María Jesús Lorenzana puxo como exemplo a Oficina Económica, que funciona, dixo, como punto único de entrada para axilizar os trámites. O que lle reclamou ao ministro foi unha distribución xusta, dixo, dos fondos europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade