Publicador de contidos
Publicador de contidos

Melide quere bater o récord do mundo de tortilla xigante na 1ª Feira do Ovo Campeiro 

Melide quere bater o récord do mundo de tortilla xigante na 1ª Feira do Ovo Campeiro 

A tixola especial para volteala fíxose en Toques e pesa cinco toneladas

Van usar máis de mil ducias de ovos e vai dar para 8.000 racións

A recadación vai ser para asociacións benéficas e comedores sociais 

Cartel da convocatoria da 1ª Feira do Ovo Campeiro de Melide
G24.gal 13/09/2024 19:37 Última actualización 13/09/2024 20:31

Se xa nos custa voltear unha tortilla de patacas na casa imaxinen o espectáculo de facelo cunha de máis de 5 metros e medio para 8.000 persoas. Nunca se fixo.

A nova cita gastronómica, a 1ª Feira do Ovo Campeiro saíu desta familia de Melide que se dedica a eles no lugar do Meire. O sábado hai concurso de tortillas, pero o prato forte chega o domingo.

Queren bater o récord de tortilla xigante en poder de Navarra cunha de cinco metros.  pero que nin intentaron voltear. A de Melide será de 5,60 metros de diámetro, como nos conta Manuel Casal, xerente da empresa familiar Ovo da avoa.

"Esta vai ser a única destas dimensións que se vai voltear"

Só a tixola pesa 5 toneladas ás que cómpre sumar as case tres que vai pesar a tortilla con máis de mil ducias dos seus ovos campeiros xunto 1.700 kg de patacas, 300 l de aceite e 30 kg de sal. De cebola nada, para contentar os mais posibles. Aos fogóns, 50 persoas.

"Desde a infraestrutura para transportala e para montala, os fogóns que vaian repartidos homoxeneamente, as instalacións de gas, os biombos para que o aire non apague o lume, a coordinación para botar todos os produtos ao mesmo tempo... a loxística é bestial!"

Ademais de xigante ten que estar rica. Tiveron éxito coa proba dunha tortilla de dous metros e medio para un cento de amizades. O domingo calculan repartir 8.000 racións, outro récord.

"Se lográsemos repartir todas as racións xa serían dous récords: a tortilla máis grande e a de maior cantidade de racións repartidas"

A recadación será para asociacións benéficas e comedores sociais. Por redes ou in situ, tres euros custa o tícket para participar na ilusión deste novo récord do mundo. A unha da tarde do domingo será a hora da verdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade