Morre unha muller en Melide ao caer de costas nunha estrada
Morre unha muller en Melide ao caer de costas nunha estrada
A vítima levou un forte golpe na cabeza e pouco despois faleceu
Unha muller faleceu este martes en Melide, despois dunha contusión na cabeza tras unha caída, segundo trasladaron os seus familiares ao 112 Galicia.
A muller, Aurora Currás, de 81 anos, camiñaba soa polo lugar. Emerxencias sinala que o suceso se produciu en Andeán cara ás 19:00 horas, e os achegados relataron que a vítima caeu na estrada de costas, levou un forte golpe na cabeza e, pouco despois, faleceu.
Desde o 112, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviou unha dotación en helicóptero medicalizado.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa que perdeu a vida en Melide logo de caer na estrada.
— 112 Galicia (@112Galicia) September 24, 2024
📍 Andeán, parroquia de Abeancos.
➡️ Os servizos de emerxencias tratan de esclarecer as causas do falecemento da vítima.
🔗 https://t.co/hUrvzKW88V pic.twitter.com/3EFuJRrm5g
Tamén se solicitou o apoio das forzas da orde, neste caso da Garda Civil e da Policía Local de Melide.
Os axentes de seguridade recolleron a información sobre o suceso co fin de determinar as causas da morte. As pescudas do forense determinaron, segundo informou a familia da vítima, que faleceu debido a un fallo cardíaco.