Recollida de produtos de primeira necesidade para Valencia en Melide
Recollida de produtos de primeira necesidade para Valencia en Melide
Estarán recollendo durante toda a semana e os produtos serán trasladados a Valencia por axentes das forzas de seguridade
Un parque infantil de ocio serve de almacén improvisado para embalar, organizar e recoller produtos de primeira necesidade para axudar os afectados na traxedia de Valencia. Son mulleres da asociación Alecrín de Melide. Van estar toda a semana e remiten á súa páxina de Facebook para saber os horarios de recollida. Catro días despois desde que empezaron coa iniciativa non poden estar máis contentos coa resposta dos melidaos.
Son moitos os veciños que se achegan para achegar axuda. Con todo fan un chamado para advertir que nestes momentos o que máis se precisa son produtos de limpeza, botas e angazos.
Estarán recollendo toda a semana. A chegada dos produtos está garantida, serán trasladados por axentes das forzas de seguridade que van ir traballar alí. E aínda que nestes casos sempre cómpre máis, a resposta dos melidaos está a ser moi positiva. Polo de pronto, xa teñen que trasladar cousas a un novo almacén, porque o do parque quedoulles pequeno.