O mozo que agrediu a Rajoy alega alteración psíquica para non ir a prisión por intentar matar un xornalista de La Voz
O mozo que agrediu a Rajoy alega alteración psíquica para non ir a prisión por intentar matar un xornalista de La Voz
O mozo que agrediu a Rajoy alega alteración psíquica para non ir a prisión por intentar matar un xornalista de La Voz
Feriu o informador cun coitelo na delegación pontevedresa do xornal
O Ministerio Fiscal pide oito anos de prisión e unha orde de afastamento da vítima
O acusado, en prisión provisional desde o día dos feitos, declarou que o 14 de xullo de 2023, irrompeu na delegación pontevedresa de La Voz de Galicia armado cun coitelo e un rolo de cociña sen intención de facer dano a ninguén. A súa idea, dixo, era denunciar que a prensa lle estaba desfacendo a vida desde que agrediu a Rajoy no ano 2015. Precisamente, este medio publicara recentemente unha nova condena para este mozo por uns altercados nun bar de Ourense.
Aquel día non só atacou este xornalista causándolle varias feridas na man e no brazo, senón que a emprendeu a golpes co material da redacción. Hoxe declarou "que perdera a cabeza" pola ira e engadiu que tomara cocaína e saltara a medicación psiquiátrica.
Pola súa banda, a vítima, que declarou detrás dunha pantalla, dixo que o acusado se abalanzou sobre el na redacción co coitelo na man dicindo que o quería matar.
A fiscalía pide oito anos de prisión por un delito de homicidio en grao de tentativa, un por danos e outro por resistencia. Solicita ademais unha orde de afastamento da vítima a 150 metros durante dez anos.