Publicador de contidos
Publicador de contidos

Altas temperaturas e valores case históricos neste mes de novembro

Altas temperaturas e valores case históricos neste mes de novembro

Ás dez da mañá os termómentros xa marcaban vinte graos en todo o litoral

A partir de mañá chegan as precipitacións e baixan as temperaturas máximas

G24.gal 07/11/2024 14:34

Levamos sete días de novembro e sorprende a calor que vai. Sol e altas temperaturas para esta época do ano que nos obrigan a rescatar dos armarios pezas de roupa máis lixeiras.

Ata hai quen non dubidou en poñer os traxes de baño. Esta mañá, contra as dez, os termómetros xa marcaban vinte graos en todo o litoral. Pola tarde, as temperaturas van seguir sendo moi altas, pero é probable que non academos valores tan elevados coma os de onte.

Pero o caso é que polas noites, na do martes ao mércores, por exemplo, os termómetros, en lugares como Vigo ou Cedeira, seguían con 20 graos despois do solpor.

A partir de mañá comeza a aumentar a nebulosidade e chegarán as precipitacións. Con elas, baixarán as temperaturas máximas, malia que se van manter entre os 15 e os 20 graos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos