Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontón urxe unha reacción internacional para terminar co "xenocidio" israelí e que a axuda chegue a Palestina

Pontón urxe unha reacción internacional para terminar co "xenocidio" israelí e que a axuda chegue a Palestina

A portavoz nacional do BNG lamenta que a vitoria de Donald Trump nos Estados Unidos vai reforzar o seu apoio ao Goberno de Benjamin Netanyahu

Reunión da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coa directora executiva do comité español de UNRWA, Raquel Martín (BNG). Reunión da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coa directora executiva do comité español de UNRWA, Raquel Martín (BNG).
G24.gal 07/11/2024 13:58

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxe unha reacción internacional para acabar co "xenocidio" israelí en Gaza e para que chegue a axuda da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina (UNRWA), cuxa actividade foi suspendida en Israel e nos territorios palestinos ocupados a través de dúas leis que cancelan o acordo de cooperación de 1967.

En Madrid, a líder do Bloque mantivo un encontro coa directora executiva do comité español de UNRWA, Raquel Martín, no que tamén participou a senadora nacionalista Carme da Silva.

De tal forma, Pontón insta a romper relacións con Israel, á vez que lamenta que a vitoria de Donald Trump nos Estados Unidos vai reforzar o seu apoio ao Goberno de Benjamin Netanyahu.

"Desde o BNG cremos que é fundamental que a comunidade internacional reaccione para que esa axuda humanitaria poida seguir chegando e, sobre todo, que reaccione para poñer fin a un xenocidio que se está levando por diante demasiadas vidas", sostén.

Ana Pontón pide que haxa unha presión "na que sexan moitas as voces desde a comunidade internacional que freen este auténtico xenocidio" e que se poida "dicir que Palestina é libre e que se acabe con esta situación tan inxusta".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade