A DINA deixa dezaseis provincias en alerta para este martes
A DINA deixa dezaseis provincias en alerta para este martes
Afecta sobre todo ao leste da península e ás Baleares
Mallorca, Castelló e Tarragona sufriron centos de incidencias este luns
Este martes pode haber aínda máis, advertiu a Axencia Estatal de Meteoroloxía. E iso que xa na xornada do luns a DINA, Depresión Illada en Niveis Altos, descargou auga con números de récord no leste da península e nas Baleares.
No porto de Manacor provocou que case se confundisen barcos e coches despois de que rebordase un torrente. Á primeira hora da tarde, no polideportivo da localidade levaban recollidos un récord histórico de 174 litros por metro cadrado.
Os Bombeiros de Mallorca aproximábanse ás 400 intervencións e houbo que chegar a pechar dez estradas. Imaxes que tamén atopabamos en Castelló, outro dos puntos afectados por eses chuvascos, que chegaron e poden seguir chegando con intensidade torrencial.
As chuvias, as treboadas e as fortes ondas poñen este martes 16 provincias en aviso, e sete delas e mais Ceuta chegarán a nivel laranxa. A AEMET advirte de que os avisos laranxa son dun nivel xa importante e poden dar lugar a impactos, especialmente na vertente mediterránea.