Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda recoñece ante escolares que unha vez o estafaron nun comercio electrónico e pide estar vixiantes

Rueda recoñece ante escolares que unha vez o estafaron nun comercio electrónico e pide estar vixiantes

Máis de 7.000 estudantes participan na IV edición do concurso Ciberseguridade no Cole

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, charlou cos rapaces sobre o uso seguro das redes 
 

G24.gal 07/11/2024 14:26 Última actualización 07/11/2024 15:20

Alfonso Rueda e os rapaces falaron do uso seguro das redes sociais e de como protexerse en Internet. Rueda confesoulles que a el tamén o piratearon. "Xa cando estaba facendo a compra desa aplicación para o reloxo xa me parecía algo raro, pero aínda así fíxeno. Despois chegáronme uns cargos de poucos cargos e avisáronme do banco. Saía que eu encargara comida por Glovo dende Holanda e eu estaba en Pontevedra", explicou o presidente da Xunta. 

Rueda desvelou outro segredo sobre o uso dos grupos de WhatsApp entre os membros do seu Goberno: "Temos un onde estou eu e os conselleiros e outro onde están os conselleiros sós, eles cren que eu non sei que o teñen, pero si que o teñen, entón se queren falar algo entre eles sen que eu o saiba, falan aí", chanceou Rueda. 

Nesta IV edición do concurso de Ciberseguridade no Cole participaron 7.400 estudantes galegos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade