Suplantan a conta da AEMET con mensaxes falsas para estafar os cidadáns
Suplantan a conta da AEMET con mensaxes falsas para estafar os cidadáns
Os seus avisos emítense dende a páxina web e as súas redes sociais oficiais
Moitas persoas que están a recibir no seu teléfono móbil algunhas mensaxes suplantando a Axencia Estatal de Meteoroloxía, dicindo que se prevé unha tormenta severa na súa rexión, que se preparen e manteñan a salvo, e que descarguen unha aplicación. É unha estafa.
A AEMET nunca envía mensaxes de texto.
Non preman en ningunha ligazón se reciben unha mensaxe. Os seus avisos emítense desde a súa páxina web, as súas redes sociais e desde a súa propia aplicación, só descargable nas súas tendas oficiais.
A suplantación de identidade é unha técnica cada vez máis común entre os ciberdelincuentes. Utilizan nomes de entidades oficiais para gañar a confianza das súas vítimas. Este tipo de fraude vai en aumento debido aos avances tecnolóxicos que lles facilitan a creación de mensaxes convincentes.