Publicador de contidos
Publicador de contidos

"Vai morrer moita xente", a chamada desesperada da alcaldesa de Paiporta á Delegada do Goberno

"Vai morrer moita xente", a chamada desesperada da alcaldesa de Paiporta á Delegada do Goberno

Despois da chamada da alcaldesa é cando a Generalitat envía as mensaxes de alerta aos móbiles, pero "xa estabamos coa auga ao pescozo"

A Conselleira responsable das emerxencias, Salomé Pradas, descoñecía a existencia do sistema Es-Alert

Pradas ignorou tres chamadas da Delegada do Goberno, entre as 12:00 h e as 14:00 h, ofrecéndolle medios  

A vicepresidenta da Generalitat di que se despregaron "todos os medios desde o inicio"

Evacúan vinte persoas de seis casas de Paiporta por risco de derruba

Labores de limpeza en Paiporta tras o paso da DINA (EFE/Ana Escobar)
G24.gal 07/11/2024 14:12 Última actualización 07/11/2024 20:07

O martes, 29 de outubro, as alarmas saltan a primeira hora. A delegada do Goberno en Valencia, Pilar Bernabet, recibe a alerta vermella da Aemet ás sete e media da mañá. E ás 12, o aviso da Confederación Hidrográfica do Xúcar. 

A partir de aí, chama tres veces a conselleira valenciana responsable a área de emerxencias, Salomé Pradas, para ofrecerlle medios. Non obtén resposta. Pasadas as dúas da tarde, volve chamala para insistirlle na gravidade da situación. E aí, é cando a Generalitat pide activar a UME pero só para o municipio de Utiel. 

As cinco reúne ao Comité de Coordinación de Emerxencias. E no medio desa reunión, as sete, soa o teléfono da delegada do Goberno. Ao outro lado da liña, a alcaldesa de Paiporta, Isabel Albalat.

É unha chamada desesperada na que lle di que a súa vila "se está inundando, que non esta preparada para iso e que ía morrer moita xente..., que xa estaba morrendo". Despois de escoitala é os responsables de emerxencias deciden enviar as alertas aos móbiles. Eran as oito da tarde, pero a riada mortal xa era imparable. "Xa tiñamos a auga ao pescozo", lembra a rexedora de Paiporta.

O conselleiro de Agricultura de Valencia responsabiliza da reacción tardía a Confederación Hidrográfica do Xúcar. Miguel Barrachina sostén que "que multiplicar por catro o leito do Ebro nunha rambla, é para, polo menos, chamar por telefono. Non poden conformarse con enviar un correo electrónico ás 18:45, cando xa se estaba producindo a grande hecatombe". 

O Goberno di que o Ministerio de Transición Ecolóxico chamou á Generalitat para ofrecer axuda o día 29

O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, chamou o 29 de outubro á consellera de Xustiza e Interior da Generalitat valenciana, Salomé Pradas, para dicir que o Ministerio de Transición Ecolóxica  estaba ao dispor do Executivo autonómico se requiría algunha axuda pola DINA, segundo o Goberno.

Este xoves, a conselleira Pradas, en declaracións a A Punt, afirmou que a alarma aos móbiles enviouse despois dunha chamada de Morán ás 20 horas, na que lle dixo que non podía asegurarse de que non rompese o encoro de Forata. A consellera tamén negou que recibise información por medio do Goberno da evolución da DINA.

A conselleira valenciana descoñecía a existencia do sistema Es-Alert

Tras a chamada das 20 horas do secretario de Estado de Transición Ecolóxica, di a conselleira Pradas que "aí é cando un técnico nos informa de que existe un mecanismo que se denomina Es-Alert, que non está por agora regrado e non está nos nosos plans autonómicos, que é aínda un borrador que está no comité nacional de protección civil por aprobar".

A Generalitat di que despregaron "todos os medios desde o inicio"

A vicepresidenta do Goberno valenciano, Susana Camarero, asegurou este xoves que "se despregaron todos os medios desde o principio"  e considerou que o máis importante nestes momentos é conseguir recuperar "o que nos quitou" esta catástrofe o 29 de outubro.

Así o sinalou nunha conferencia de prensa na que fixo balance das iniciativas que a Generalitat Valenciana está a desenvolver "desde o primeiro día" para atender os efectos da DINA, na que afirmou que a consellera de Xustiza, Salomé Pradas, xa deu todas as explicacións de como lle chegaron os avisos ese día.

CamareRo indicou que o 29 de outubro ás tres da tarde estaba en marcha o dispositivo para activar á UME, e insistiu en que hai que centrarse en ver como se segue axudando ás persoas afectadas e como se segue reconstruíndo a vida dos damnificados

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade