Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade desbota evacuar algunha poboación por perigo de infeccións en zonas afectadas pola DINA

Sanidade desbota evacuar algunha poboación por perigo de infeccións en zonas afectadas pola DINA

Expertos da OMS admiten que o proceso vai ser longo, e por iso fan un chamamento a non baixar a garda

G24.gal 07/11/2024 14:26

Lodo, cascallos e augas estancadas. Este é o escenario onde veciños e voluntarios traballan a diario para limpar as zonas afectadas pola DINA, e aquí é precisamente onde está o risco. 

Sanidade di que xa ten detectados os patóxenos que poden causar posibles infeccións, e por iso pide á poboación que estea atenta ante calquera síntoma: febre persistente, con vómitos intensos, diarrea, dificultade para respirar, coloración amarelenta da pel ou feridas infectadas, ou algún síntoma de deshidratación, son sinais de alerta para acudir ao centro de saúde.

Xa se produciron infeccións, pero os expertos din que polo momento non hai sinais de alarma. Aínda así cómpre protexerse con botas, luvas de traballo e roupa longa que cubra os brazos e as pernas

O que si se desbota polo momento é unha vacinación masiva porque hai varias enfermidades como o tétano, a difteria ou a hepatite A, para a que xa hai boas coberturas de vacinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade