Publicador de contidos
Publicador de contidos

A construción industrializada como vía para axilizar a execución de vivenda pública

A construción industrializada como vía para axilizar a execución de vivenda pública

A Consellería de Vivenda explora a posibilidade de botar man dos prefabricados de formigón ou madeira para axilizar a execución das 4.000 vivendas públicas que a Xunta anunciou para esta lexislatura

A conselleira Martínez Allegue visitou este xoves unha das principais empresas do sector en Teixeiro

G24.gal 07/11/2024 14:53

Nesta nave do polígono de Teixeiro, en Curtis, fabrican os moldes de aceiro das columnas, o entramado de ferro das viguetas e o propio formigón en masa co que se elaboran os prefabricados. A industria galega do sector ten xa moita experiencia en construción de naves industriais ou edificios de uso público, pero menos no uso residencial.

"Na construción residencial de vivendas é onde hai menos presenza da construción industrializa e da prefabricación. Co coñecemento e as capacidades que temos e cos axustes necesarios, ofrecemos a nosa capacidade industrial para ser unha parte da solución do problema da vivenda", explicou Daniel Hermosilla, conselleiro delegado de Rodiñas Pretensados.

O compromiso da lexislatura é duplicar o parque de vivenda pública de Galicia, con 4.000 fogares máis. Dificulta o labor a escaseza de man de obra no sector, que habitualmente construía in situ e á intemperie. Por iso, barallan o uso de prefabricados de formigón e madeira. 

"Sabemos a necesidade que a nosa sociedade ten de acceder a unha vivenda digna, de calidade e a un prezo accesible tanto en venda como en alugueiro. Necesitamos tamén premura e rapidez para efectuar esas vivendas con calidade", declarou María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

No sector aseguran eficiencia nas obras e durabilidade, e din que a súa tecnoloxía permite tamén unha construción máis sostible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade