Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amaral e Viva Suecia, pratos fortes no inicio este venres do Caudal Fest en Lugo

Amaral e Viva Suecia, pratos fortes no inicio este venres do Caudal Fest en Lugo

Novo récord de participación con 40.000 asistentes

Mikel Izal, Arde Bogotá o Nil Moliner, entre as actuacións do sábado

Entrada ao recinto do Caudal Fest no exterior do Pazo de Feiras de Lugo
G24.gal 20/09/2024 14:00

Comeza en Lugo unha nova edición do Caudal Fest, a sexta. Chega cun cartel de primeira que explica o interese do público, que medra celebración tras celebración. Este ano batendo unha vez máis a súa propia marca de asistentes xa que se agarda a participación de 40.000 persoas.

Esteban Girón, director de Comunicación de Bring The Noise, di que dende a primeira edición no 2018 xa sentiron que a cidade de Lugo demandaba unha opción cultural destas características. "Cada vez se suma máis xente de fóra de Lugo, e este ano imos bater o récord con máis de 40.000 asistentes".

Poucas prazas hoteleiras quedan dispoñibles en Lugo e arredores. A maioría reservadas xa dende hai meses. 

"Cando anuncian o cartel xa nos reservan. É unha data que agardamos".
"O 80 % das reservas entrou xa o ano pasado en canto se anunciou o cartel. Non é nada común" , comentan varios hostaleiros de Lugo. "Nos querémolo facer público canto antes para que a xente marque no calendario a data do Caudal Fest" , din  dende a organización do evento.

Un importante estímulo económico para a cidade.  Alba Álvarez, Directora do hotel Este-Oeste di que esta fin de semana as habitacións alúganse a un prezo máis alto." Penso que tanto para os hostaleiros coma para a cidade é beneficioso. Estamos tramitando un montón de reservas en restaurantes."

"É un sinal de que o turismo de festivais funciona e que opcións coma esta son importantes socioculturalmente", di Esteban Girón.

Un festival que se consolida con forza non só entre o público, senón tamén artistas. 

"Pasando os anos e tendo cada vez máis repercusión, a verdade é que agora xa son moitos os artistas que nos piden vir ou repetir", di Girón.

Como foi o caso de Amaral, cabeza do cartel deste ano do que tamén forman parte Viva Suecia, e, xa na xornada do sábado, Mikel Izal, Arde Bogotá o Nil Moliner.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade