Cargando resultados...
Os John Deeres: "'O círculo das formigas' é o modo de vida actual: traballo e ocio consumista"
'O círculo das formigas' é o cuarto disco do quinteto Os John Deeres
O novo disco dos John Deeres divídese en dúas partes 'Pulso' e 'Inercia'
A banda actuará mañá en Vigo e o 22 de marzo na Estrada
G24.gal
21/02/2025 14:43
Última actualización 21/02/2025 16:30
'O círculo das formigas' é o novo disco dos John Deeres, o cuarto nos seus case 20 anos de traxectoria. Neste novo traballo a banda da Estrada aposta por un rock máis atmosférico e dos setenta, con letras que nos falan da soidade do individuo na nosa sociedade.
Por certo, se os queredes escoitar en directo mañá van estar na sala Contrabaixo de Vigo.