Cargando resultados...
'Plástica castrexa', a faceta creativa dos habitantes dos castros
'Plástica castrexa', a faceta creativa dos habitantes dos castros
A cultura castrexa do noroeste peninsular, no marco da Idade de Ferro europea, abarca case mil anos
É unha mostra temporal dunha colección permanente organizada polo Musaq de Ourense
G24.gal
09/02/2023 15:46
Ata o 26 de febreiro a sala de exposicións de Afundación de Ourense acolle 'Plástica castrexa', unha mostra coa que o Museo Arqueolóxico Provincial recompila pezas representativas co obxectivo de divulgar esta cultura e a pegada que deixou en Galicia. En total son 75 esculturas de pedra, entre as que destacan cabezas de guerreiros, sedentes e diversos elementos arquitectónicos.