Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Fortuna perde o adiado en Tarragona (2-1)

O Fortuna perde o adiado en Tarragona (2-1)

Fer López marcou un gran gol pero non valeu para sumar puntos

G24.gal 27/11/2024 21:13

O Celta Fortuna recuperou o partido adiado nou seu día no campo do Ximnástico de Tarragona. O filial vigués non puido sacar nada positivo e perdeu por 2-1. Todos os goles chegaron no primeiro tempo. Comezou adiantándose o conxunto local cun tanto de Álex Jiménez. Quedaban cinco minutos para chegar ao descanso cando Fer López anotou un gran gol. Pouco lle durou a alegría ao Fortuna que recibiu o segundo no 44 -David Concha-. O marcador non se moveu no segundo tempo e o equipo de Fredi Álvarez perdeu unha boa ocasión para achegarse aos postos de cabeza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar