Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na decoración da mesa de Nadal gañan protagonismo os elementos decorativos naturais

Na decoración da mesa de Nadal gañan protagonismo os elementos decorativos naturais

Este ano semella que se impón unha tendencia: a chamada 'forest' ou 'nórdica', onde predominan os elementos naturais

Interioristas consideran que non poden faltar nin as candeas, nin os elementos naturais, nin as vaixelas con un pouco de historia

G24.gal 27/11/2024 20:51

Á hora de decorar unha mesa hai que ter en conta que cadaquén ten os seus gustos. Non hai regras. Como interiorista, Ariadna de Gadea considera que nunha mesa por Nadal non poden faltar nin as candeas, nin os elementos naturais, nin as vaixelas con un pouco de historia ou cun toque especial.

Non se trata de contar cun arsenal decorativo senón aproveitar o que se ten na casa. Hai propostas máis tradicionais, nas que abondan as cores vermellas, verdes ou douradas. Pero este ano semella que se impón unha tendencia: a chamada 'forest' ou 'nórdica' onde predominan os elementos naturais.

En todo caso, en calquera estilo triunfa combinar sinxeleza con toques decorativos. Sen esquecer que na mesa a comida non debe perder o protagonismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar