Endocrinólogos galegos equiparan en salubridade a dieta atlántica coa mediterránea
Endocrinólogos galegos equiparan en salubridade a dieta atlántica coa mediterránea
Leite, peixe, verduras, cogomelos e froitos das fragas son a base da dieta galega
Son hábitos herdados dos celtas e que se asocian a un ritmo de vida calmado
Reduce o colesterol malo e os triglicéridos, protexe de doenzas cardíacas e prevén a diabetes. Son algúns dos beneficios da dieta atlántica, a que dende a idade antiga se levou en Galicia e que explica os casos de lonxevidade entre os galegos. Unha dieta que, ademais, vai asociada a un estilo de vida calmado pero non sedentario.
"Prevención sobre o cancro e doenzas inflamatorias. Unha dieta tan saudable como a mediterránea", di José de Matías, endocrinólogo do HULA.
Peixe, noces e castañas, cogomelos, leite e verduras son a base da dieta atlántica. E todos eles sempre frescos. Tamén se inclúe a carne de porco e de vacún, pero en cantidades moderadas e a ser posible sen fritir. Ingredientes accesibles para calquera peto e dispoñibles en calquera lugar de Galicia.
"É unha dieta herdada dos celtas. Con peixe, noces, cogomelos e verduras frescas e de temporada", engade José de Matías.
Un grupo de investigadores galegos acaba de publicar na prestixiosa revista americana Jama Network un estudo sobre os beneficios da dieta atlántica.