Publicador de contidos
Publicador de contidos

Takekazu Asaka: "Gostamos de Novoneyra porque escribe haikus con sentido moi fondo"

Takekazu Asaka: "Gostamos de Novoneyra porque escribe haikus con sentido moi fondo"

Takekazu Asaka foi profesor durante 35 anos na Universidade Tsudajuku de Tokyo e é o pioneiro na divulgación da cultura galega no Xapón

En 1993 publicou a primeira gramática galega para un público nipón 

Traduciu ao xaponés 'Cantares Gallegos' de Rosalía, o poemario de Cabanillas 'A Rosa de cen follas' e cantigas medievais

G24.gal 17/06/2024 14:43 Última actualización 17/06/2024 16:23

Falamos dun estranxeiro que, como algúns outros na nosa historia, quedou fascinado coa nosa cultura e coa nosa lingua e por iso dedicou boa parte da súa vida a coñecela e divulgala.  

Chámase Takekazu Asaka, é profesor universitario en Toquio, e este pasado 8 de xuño a RAG nomeábao académico de honra polo seu traballo de divulgación do galego no Xapón. Traduciu a Rosalía e a Cabanillas ao xaponés e grazas a el o día das Letras Galegas celébrase en Toquio.  
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade