Cargando resultados...
Touriñán: "Primeiro temos que rirnos de nós para despois rirnos do mundo"
Touriñán: "Primeiro temos que rirnos de nós para despois rirnos do mundo"
Xosé Antonio Touriñán abre xira galega co monólogo Aquí Tou, un repaso humorístico da súa vida desde a súa posible concepción entre o millo
Aquí Tou estará proximamente en Pontevedra, Lugo ou Ferrol
A próxima semana chega aos cines +Cuñados, con Touriñán, Federico Pérez e Miguel de Lira
G24.gal
13/04/2024 11:30
Última actualización 10/04/2024 17:02
Xosé Antonio Touriñán sobe aos escenarios esta primavera para contarnos a súa vida. Desde o momento da concepción, posiblemente nunha festa e nun campo de millo, ata os seus inicios no sexo, conta todo, e convérteo nun espectáculo de humor en que dá ideas de futuro á familia real e propón unha nova empresa creando epitafios… Hora e media de non parar de rir con Aquí Tou.