Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha exposición lembra as mulleres europeas que resistiron ao fascismo

Unha exposición lembra as mulleres europeas que resistiron ao fascismo

Mulleres resistentes conecta a resistencia democrática desde España a Alemaña

O 12 de setembro celebrarase un faladoiro con represaliadas do franquismo 

 

 

A mostra pode visitarse na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña ata o 30 de outubro
G24.gal 11/09/2024 15:17 Última actualización 12/09/2024 08:43

Mulleres resistentes recolle información e fotografías da loita das mulleres europeas contra o fascismo entre 1936 e 1945. A exposición conecta a resistencia contra o franquismo en Galicia e España coa defensa da democracia noutros países europeos como Francia, Italia ou Alemaña. 

A actriz María Casares é unha das galegas recollidas nesta mostra itinerante, que agora pode verse na que foi a casa familiar da actriz na Coruña, hoxe convertida na Casa-Museo Casares Quiroga. A exposición tamén lembra as irmás Touza, Enriqueta Otero, Placeres Castellanos ou María Vázquez Blanco.

O 12 de setembro, no marco desta mostra, desenvolverase un faladoiro con descendentes de represaliadas e activistas encarceradas durante o franquismo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade