Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vértebras, Diego Flaneur e a colaboración de Filloas e Verter GZ, nas músicas de Marta Gómez

Vértebras, Diego Flaneur e a colaboración de Filloas e Verter GZ, nas músicas de Marta Gómez

Un verso de Uxío Novoneira inspira ao rapeiro Diego Flaneur para o título do disco 'Nebra pecha'

Vértebras introdúcense no techno con ICOR, facendo referencias a mitoloxía grega e o cancioneiro popular galego

Verter GZ e Filloas cántanlle as inconveniencias da vida adulta dende un parque de bolas

G24.gal 31/03/2025 14:22 Última actualización 31/03/2025 16:49

Diego Flaneur é un novísimo rapeiro que acaba de publicar 'Nebra pecha'". A néboa da cidade de Lugo é a protagonista do disco, con letras de carácter introspectivo, pero concibindo a melancolía como unha nostalxia positiva

Filloas e Verter GZ asinan unha das colaboracións máis divertidas do ano. A pesar do seu título tétrico "Era mellor morrer de pequeno", o tema narra con retranca e humor fino as vicisitudes da xuventude galega. O videoclip é de Ollo de vidro e está filmado nun parque de bolas.

Vértebras é un dúo de rap de Vigo que neste tema ICOR, cambian os códigos estéticos para achegarse ao techno espiritual.  Icor é o nome do seu novo tema, no que tamén aluden a copla "Eu non canto por cantar" do cancioneiro recollido por Dorothé Schubart e Antón Santamarina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade