Yolanda Castaño: "Na poesía é complicado fomentar unha conciencia de gremio"
Yolanda Castaño: "Na poesía é complicado fomentar unha conciencia de gremio"
'Economía e poesía. Rimas internas', publicado pola editorial Galaxia, gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio de 2023
Despois e trinta anos de carreira no oficio da poesía, a autora, tira conclusións e abre debate sobre o proceso de profesionalización
Ata que punto unha autora é quen de amplificar ou revalorizar a súa oferta fronte ás daquelas que renuncian a ser compensadas polo propio? O debate queda aberto co ensaio Poesía e economía. Hoxe falamos destes dous termos que case nunca se relacionan coa autora do libro, Yolanda Castaño: Escribir poesía é traballar? Vivir da poesía é prostituír a arte? Coñece a sociedade a porcentaxe que cobra un autor por un libro? Economía e poesía, rimas internas que, di a autora deste ensaio, é hora de tanguer con dignidade e harmonía.