Publicador de contidos
Publicador de contidos

Once millóns en axudas da Xunta para autónomos e pequena e mediana empresa

Once millóns en axudas da Xunta para autónomos e pequena e mediana empresa

Poderán solicitar apoios directos e préstamos parcialmente reembolsables

G24.gal 17/08/2022 14:48

A Xunta abre unha nova convocatoria do programa de axudas Galicia Inviste para apoiar o investimento empresarial. A novidade desta edición, que contará cun orzamento de 11 millóns de euros, é que se poderán pedir ao mesmo tempo axudas directas e préstamos parcialmente reembolsables para financiar proxectos.

Ata o 30 de setembro autónomos e pequenas e medianas empresas poderán solicitar axudas para crear, ampliar ou mellorar establecementos, comprar maquinaria ou diversificar a súa actividade. O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Francisco Conde, explicou este mércores que as axudas irán acompañadas dunha "simplificación administrativa para axilizar os trámites".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos