Publicador de contidos
Publicador de contidos

Quince anos da creación da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, un órgano que pulou pola cooperación transfronteiriza

Quince anos da creación da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho, un órgano que pulou pola cooperación transfronteiriza

A CIM do Alto Minho celebra en Valença unha xornada sobre como avanzar na colaboración entrambas as beiras 

G24.gal 15/07/2024 21:11 Última actualización 15/07/2024 21:29

Arcos de Valdevez, Caminha, Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Ponte da Barca, Ponte de Lima, Valença, Viana do Castelo e Vila Nova de Cerveira crearon hai quince anos unha comunidade de traballo conxunto para avanzar en accións de mellora económica e social. Un progreso que se sustentou en parte na cooperación cos concellos galegos do outro lado da beira miñota.

"Queremos falar de como vai ser esa cooperación no futuro, para seguir avanzando no progreso tanto dos concellos galegos como dos municipios deste lado do Miño", sinala Manoel Batista, presidente da Comunidade Intermunicipal do Alto Minho e presidente da Cámara Municipal de Melgaço.

A CIM do Alto Minho -en colaboración coa Fundación da AEP (Asociación de Empresarios de Portugal) e a Fundación Serralves- organizou no auditorio da Escola Superior de Ciencias Empresariais do IPVC (Instituto Politécnico de Viana do castelo), que ten a súa sede en Valença do Minho, unha xornada para afondar na cooperación transfronteiriza coa perspectiva económica e social.

Un evento que contou coa participación de persoeiros dos ámbitos empresarial, académico e institucional de ambas as beiras. O obxectivo é debater arredor das iniciativas que redunden nunha cooperación máis eficiente das administracións, para reducir os parámetros de desigualdade que aínda persisten entre os dous lados da fronteira e, sobre todo, como optimizar o crecemento conxunto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade