Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pais e nais galegos benefícianse de 192 obradoiros para poder ter os nenos atendidos no verán

Pais e nais galegos benefícianse de 192 obradoiros para poder ter os nenos atendidos no verán

A Xunta leva investidos 17 millóns de euros este ano en programas de conciliación, en actividades para favorecer a incorporación da muller ao traballo e a corresponsabilidade

G24.gal 16/08/2023 14:08 Última actualización 16/08/2023 18:58

Obradoiros coma este están organizados polos concellos, pero reciben unha subvención da Xunta de Galicia. Permiten que pais e nais poidan compaxinar mellor a súa vida laboral co coidado dos pequenos, especialmente nestes meses en que estamos en período non lectivo.

"Imos por semanas a cada parroquia, seis en total. O horario de entrada é de 9 a 10 e a saída entre as 13 e as 14 horas", explica Cuqui García, monitora do Obradoiro de Verán de Sanxenxo. 

Son obradoiros que organizan algúns concellos para que os nenos estean atendidos e entretidos, e poidan sacar proveito das súas vacacións cando os pais teñen que volver traballar. 

"É moi necesario nun concello como o noso, que no verán atrae moitos traballadores e que non terían onde deixar os nenos", engade Telmo Martín, alcalde de Sanxenxo. 

Este mércores, as autoridades municipais falaron da necesidade crecente destes servizos. Oferta municipal que podería ampliar horarios. A Xunta estudará ampliar as subvencións con este propósito.

 "A Xunta de Galicia xa achegou este ano 17 millóns de euros en programas de corresponsabilidade e pensamos que ese é o camiño. Apoiar as familias para que poidan seguir coa súa vida laboral, e tamén o seu lecer, e apoialos coa axuda das administracións", declarou Elena Rivo, a conselleira de Igualdade.

A idea é estender a oferta para o ano que vén, para os meses de xullo e agosto, en horario de oito a tres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos