300 maiores participan nas vacacións de Nadal da Xunta
300 maiores participan nas vacacións de Nadal da Xunta
De Noiteboa ata Reis gozan de compaña e celebración nestas datas especiais
Con mil historias ás súas costas, familiares por medio mundo, estes maiores galegos optaron por pasar as vacacións de nadal nos dous centros ofrecidos pola Xunta: O Carballiño e Nigrán. Aquí, coas comodidades dun hotel, cada día desde o vinte e catro e ata Reis é unha festa. De ximnasia, a baile, da partida ao paseo, da conversa serena á sala de televisión. A actividade non para se non queremos.
Para moitos deles son unhas verdadeiras vacacións e un xeito de esquecer os preparativos e os problema clásicos destas datas. Ter máis de 60 anos, estar empadroado en Galicia e vivir só son os requisitos necesarios para participar neste programa que é de balde e que cada ano ten maior aceptación entre os nosos maiores.