Un condutor ebrio esnáfrase contra o peche dunha vivenda de Feáns, na Coruña
Un condutor ebrio esnáfrase contra o peche dunha vivenda de Feáns, na Coruña
Saltou unha rotonda e bateu contra o portón dunha vivenda, causando cuantiosos danos materiais
Eran as sete e media da madrugada do Aninovo cando un forte estrondo asustou os veciños de Feáns. "Erguinme e xa vin a desfeita. O coche saltou a rotonda e bateu contra o portón", di unha veciña.
Ela foi quen alertou a policía. Tamén o propietario da vivenda afectada. Foi un susto que puido acabar en traxedia porque se se aproximan dez centímetros máis, xa batían contra o muro de formigón. Os danos materiais son moitos", comenta Chano Planas, o propietario da vivenda.
Malia a aparatosidade do sinistro e o desfeito que quedou o turismo implicado, o condutor e o seu acompañante continuaron a súa marcha. "Deron marcha atrás e fuxiron", conta a veciña.
Pouco despois a policía xa os tiña identificados. Os que si se achegaron á vivenda de Chano foron os pais dos dous mozos para pediren desculpas.
O condutor deu positivo na proba de alcoholemia.