Cargando resultados...
50 anos de Curtas do Imaxinario: un festival que "regresa ao futuro"
50 anos de Curtas do Imaxinario: un festival que "regresa ao futuro"
CURTAS. Festival do Imaxinario, celebra o seu 50 aniversario do 21 ao 31 outubro en Vilagarcía
A temática desta edición son as viaxes no tempo coa saga 'Regreso ao futuro' como eixe do festival
Entre os convidados, o director Mick Garris, o ilustrador Dave Mckean e a actriz Lone Fleming
Luismi Rosales, director de Curtas do Imaxinario
G24.gal
20/10/2022 16:38
"Se vas construír un máquina do tempo nun coche... por que non facelo cun pouco de estilo?". A frase é de Doc, un dos míticos personaxes de Regreso ao futuro. Na saga de Robert Zemeckis a data do 21 de outubro era unha referencia e é tamén, casualmente, a marca do inicio do Festival Curtas do Imaxinario que comeza en Vilagarcía. O festival fai 50 anos e hoxe adiantámosvos que vai ocorrer alí co seu director Luismi Rosales.