Publicador de contidos
Publicador de contidos

50 mortos no temporal de frío dos Estados Unidos, que comezará a remitir o martes 

50 mortos no temporal de frío dos Estados Unidos, que comezará a remitir o martes 

A maior parte, 27, foron no estado de Nova York  

Moitos pereceron conxelados no interior dos seus coches 

G24.gal 26/12/2022 20:36 Última actualización 26/12/2022 21:20

As imaxes recollidas por cidadáns estadounidenses mostran ás claras a que foi, para o 60 por cento da poboación, o Nadal máis longo e, desde logo, máis frío das últimas décadas.

Tamén un dos máis tristes para as familias das 50 vítimas mortais que achega o último reconto. Pero poden ser aínda máis xa que algúns están a aparecer conxelados nos coches atrapados nas intensas nevaradas.

A maioría de mortes foron no noroeste do estado de Nova York: 27 persoas que morreron de frío nas casas, nos vehículos ou na mesma rúa.

A cidade de Búfalo leva tres días colapsada baixo dous metros de neve, con coches enterrados, miles de casas sen electricidade, sen servizos de emerxencias e un aeroporto inutilizado como outros como o de Kansas que gravou un usuario en pleno colapso de Nadal.

Este luns agardaban máis nevaradas pero tamén o restablecemento eléctrico mentres se investiga o ataque a catro subestacións en Washington que deixaron ás escuras 16 mil persoas. 

A treboada cun alcance sen precedentes, desde a fronteira canadense ata a mexicana, mantivo en alerta 200 millóns de persoas. E aínda que o peor parece que pasou, as autoridades seguen a pedir que se evite viaxar por estrada ata o martes cando as previsións meteorolóxicas predín unha mellora.

Os cero graos das rúas de Florida ocasionaron a repentina hibernación das iguanas, que caen das árbores conxeladas ou dormen en plena rúa coma se tomasen o sol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade