A actuación arbitral do Lugo-Éibar segue a dar que falar
A actuación arbitral do Lugo-Éibar segue a dar que falar
Maneiras diferentes de interpretar nas áreas. Quéixase o Lugo da actuación arbitral no partido co Éibar.
A Chris Ramos desequelíbrano cando buscaba o remate. Chris Ramos tiña posibilidades de tocar o balón. Se cadra, non teatralizou a xogada. O VAR nin avisou.
Na seguinte acción penalti a favor do Éibar por caída de Corpas que nunca chegaría a esa pelota. O VAR avisou.
"O xogador do Eibar nunca chegaría a ese balón. Non nos tratan do mesmo xeito", comentou Albés en sala de prensa.
O plan ía perfecto polo Anxo Carro, porque simplemente en 5 minutos, e con media hora de partido, chegou primeiro esta contra que culmina Chris Ramos e de seguido outra vez ese aceno cos dedos das mans para celebrar un novo gol. 2-0. Fantástico, pensaría o afeccionado do Lugo.
Pero o Eibar sacou dende o centro do campo. Un pase, dous, tres... nove segundos, un tiro lonxano de Edu Expósito e un erro de Fran Vieites na portería.
Un partido que na segunda metade tivo a polémica, con ese gol do empate de penalti, e tivo tamén un final de inquedanza e de suspense, porque o Eibar apretou e menos mal que por alí apareceron as paradas de Fran Vieites.
Sensación estraña quedou no corpo. De ir gañando por dous goles, de ver como o rival empata e de finalmente sufrir. Un punto. Suficiente, insuficiente?
Pois un bo día para conseguir os tres, será este venres no campo do pechacaneclas, Alcorcón.