Publicador de contidos
Publicador de contidos

A AELG recoñece este venres a Camiño Noia e Quique Peón como mestra e mestre da memoria

A AELG recoñece este venres a Camiño Noia e Quique Peón como mestra e mestre da memoria

Recoñecen as súas achegas, ao longo das súas vidas, á nosa memoria colectiva e ao saber popular

G24.gal 16/10/2024 11:43

A catedrática de Literatura Galega na Universidade de Vigo Camiño Noia e mais o folclorista, coreógrafo e investigador Quique Peón recollerán este venres os Premios Mestra e Mestre da Memoria que concede a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua galega.

Camiño Noia botou anos dedicada á clasificación do conto galego de tradición oral. Peón, pola súa parte, fixo un extenso labor de recollida de campo, recuperando bailes, danzas, músicas, traxes e tradición popular, especialmente dende o grupo Xacarandaina da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade