A agricultura, vítima e responsable, a debate no cumio do clima
A agricultura, vítima e responsable, a debate no cumio do clima
É un dos temas máis espiñentos e complicados de abordar
A agricultura, como vítima e responsable do cambio climático, terá este sábado o seu día no cume climático COP27 que se está a celebrar en Exipto. É un dos temas máis espiñentos e complicados de abordar.
Por unha banda, están os impactos devastadores que o cambio climático está a ter na produción de alimentos, sobre todo nos países en vías de desenvolvemento e nas comunidades vulnerables, moi dependentes do sector primario.
Por outra, está a gran responsabilidade da agricultura e da gandería na emisión de gases de efecto invernadoiro, na deforestación e na degradación do solo.
Un dos asuntos centrais será o debate sobre a adaptación e a resiliencia dos produtores agrícolas ante os embates climáticos. Tamén as iniciativas para incrementar as contribucións financeiras destinadas a cambiar os modelos e adaptar a tecnoloxía.
Dúas caras
A seguridade alimentaria en África, a rexión máis vulnerable neste eido, terá un rol protagonista durante a xornada.
Desde o foco oposto, países de América Latina produtores de alimentos presentarán o seu caso en defensa da industria agropecuaria. Consideran necesario non vincular as súas emisións aos doutras industrias contaminantes, pero non vitais para a subsistencia do planeta como a súa.