Publicador de contidos
Publicador de contidos

A alcaldesa de Maracena, do PSOE, renuncia á investidura polo secuestro dunha concelleira

A alcaldesa de Maracena, do PSOE, renuncia á investidura polo secuestro dunha concelleira

Di que dá un paso atrás para facilitar un pacto que permita manter o Goberno local e evitar a entrada da "ultradereita"

G24.gal 09/06/2023 12:51

Berta Linares, a alcaldesa en funcións de Maracena, en Granada (PSOE), pola súa posible vinculación co secuestro dunha exconcelleira, anunciou que dá un paso atrás para facilitar un pacto que permita ao seu partido manter o Goberno local e evitar a entrada da "ultradereita".

Linares, que nas eleccións do 28M obtivo para o PSOE catro concelleiros menos ca nos anteriores comicios, anunciou a súa decisión unha semana despois de asegurar que se mantería como candidata socialista á investidura a pesar da causa aberta no Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía que investiga a súa posible vinculación co secuestro, o pasado febreiro, da concelleira Vanessa Romero, tamén do PSOE.

"Non estou sequera investigada nin imputada, nin me chamaron a declarar aínda, pero ante tanto ruído e boato malintencionado, prefiro apartar e deixar traballar un novo equipo polo ben da miña cidade", resumiu Linares, que dixo confiar en que a xustiza demostre a súa inocencia.

Por esa causa permanece en prisión como único detido Noel López, entón parella de Berta Linares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade