Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Arxentina derrota con sufrimento a Australia e estará nos cuartos

A Arxentina derrota con sufrimento a Australia e estará nos cuartos

Messi e Julián Álvarez asinaron o 2-0 antes da hora de partido

Australia acortou diferenzas, e Kuan tivo nas súas botas o empate na última xogada

Arxentina-Países Baixos, eliminatoria de cuartos de final

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 03/12/2022 22:01

Entrou mellor a Arxentina no partido. Se cadra pola súa ampla experiencia nestas instancias, a albiceleste comezou pisando terreo rival, pero sen crear ocasións claras.

Australia aguantou ben ese dominio inicial e, aos poucos, foi medrando no partido. Pero, malia a que se asomaba á área arxentina, tampouco gozou de oportunidades.

E así se chegou ao minuto 35. Foi entón cando Messi colleu un balón dentro da área, e definiu con tranquilidade e calidade, lonxe do alcance do porteiro. Un gol marca da casa, como tantos ten marcado ao longo da súa dilatada carreira.

A raíz do gol, o xogo endureceuse. Chegou un treito do partido en que houbo varios xogadores atendidos, e o ritmo baixou ata o descanso.

A segunda metade comezou coa mesma dinámica que a primeira, coa Arxentina intentando ampliar a vantaxe. Pero, desta volta, os de Scaloni estiveron máis atinados. Julián Álvarez so precisou pouco máis de dez minutos para marcar o 2-0, que deixaba lles deixaba moi costa arriba o partido aos australianos.

Malia a todo, os oceánicos foron quen de engancharse outra vez ao partido. E de que xeito. Acurtou diferenzas no minuto grazas a un autogol de Enzo Fernández . E Behich tivo o empate, pero salvou de xeito milagroso Lisandro. Nos sete minutos de engadido, a Arxentina intentou que se xogase en campo rival. E, nese treito final, Lautaro dispuxo de varias ocasións para sentenciar, que non aproveitou. Tampouco atopou portería Messi cun disparo axustado. E a última ocasión ía ser de Australia. O remate de Kuol parouno Emiliano Martínez, asegurando o pase da Arxentina aos cuartos de final, onde se vai atopar cos Países Baixos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade