Publicador de contidos
Publicador de contidos

A borrasca afecta practicamente toda España con chuvia, frío e neve en cota 600

A borrasca afecta practicamente toda España con chuvia, frío e neve en cota 600

No sur a chuvia está obrigando a suspender procesións da Semana Santa 

G24.gal 25/03/2024 14:49

A borrasca afecta practicamente toda España. Hai trece provincias con aviso amarelo por chuvia, vento, neve ou ondas. As praias locen baleiras en destinos turísticos como a Costa Brava, a do Sol e Levante. No sur a chuvia está obrigando a suspender procesións da Semana Santa andaluza.

A situación é máis estable nas Canarias, onde se recuperan da DINA que a fin de semana deixou chuvia, pedrazo e neve.

En moitas capitais, o termómetro caeu dez graos con respecto ao domingo. Nótano en Pamplona, Burgos ou Vitoria. Só Murcia pasará dos 20.

Baixan as temperaturas e a cota de neve. Ao final do día ata os 600 metros na metade norte e aos 1.500 nos Perineos. É onde se agardan as maiores acumulacións. Poderían superar os 10 centímetros de espesor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade