Publicador de contidos
Publicador de contidos

A campaña francesa conclúe coa ultradereita máis lonxe da maioría absoluta

A campaña francesa conclúe coa ultradereita máis lonxe da maioría absoluta

Os estudos trazan un arco de 170 a 230 deputados para a ultradereita, lonxe dos 289 necesarios para controlar a Asemblea Nacional

Marine Le Pen abandona a sede do partido en París, Francia (EFE/EPA/Yoan Valat) Marine Le Pen abandona a sede do partido en París, Francia (EFE/EPA/Yoan Valat)
G24.gal 05/07/2024 20:54

A ultradereita de Marine Le Pen parece máis lonxe da maioría absoluta na Asemblea Nacional francesa ao peche este venres da campaña para a segunda volta do domingo, aínda que queda pendente a cuestión da gobernabilidade do país.

A campaña conclúe a medianoite de hoxe nas 501 circunscricións que non elixiron o seu deputado na primeira volta, cos distintos candidatos apurando ata o final para tratar de apañar os últimos votos.

Le Pen insistiu hoxe en que o seu partido, a Reagrupamento Nacional (RN), favorito unánime para a vitoria, aínda ten na súa man alcanzar a chave do Goberno. "Podemos ter unha maioría absoluta", asegurou nunha entrevista radiofónica.

Ademais, a dirixente ultradereitista insistiu en que fronte "non hai maioría posible" se non inclúe a Francia Insumisa (LFI), un partido contestatario usado como forma de asustar os votandes moderados.

Con todo, tres sondaxes divulgadas hoxe coinciden en que a RN ten cada vez máis difícil alcanzar esa maioría absoluta.

Os estudos trazan un arco de entre 170 e 230 deputados para a ultradereita, lonxe dos 289 necesarios para controlar a Asemblea Nacional.

A Nova Fronte Popular de esquerda e os seus aliados lograrían, se se cumpren as enquisas, de 159 a 191, mentres que o bloque macronista conseguiría 118-150. Más lonxe quedaría o conservador Os Republicanos (LR), cun arco de 35 a 67 escanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade