Publicador de contidos
Publicador de contidos

A conxura do celtismo para superar o Barcelona: "A vitoria é nosa"

A conxura do celtismo para superar o Barcelona: "A vitoria é nosa"

G24.gal 04/06/2023 14:17

O Celta afronta o partido máis importante da temporada cunha afección concienciada do moito que está en xogo e entregada a apoiar o equipo. Cunha vitoria, o obxectivo da permanencia estaría conseguido. A traxectoria é mala nas últimas semanas pero neste partido fixeron borrón e conta nova porque o premio final é demasiado grande.

Os xogadores do equipo vigués concentráronse en Balaídos para estaren xuntos ata a hora de ir ao campo, arredor das 19:30. O Barcelona tamén chegou ao mediodía a Vigo, onde había centos de afeccionados agardando ás portas do NH de García Barbón.

Desde a distancia Alexander Mostovoi quixo aproveitar a TVG para mandar unha mensaxe de ánimo ao equipo e de apoio ao celtismo. 

O noso comentarista Roberto Lago achegou na previa a súa experiencia como un dos membros daquel Celta que logrou a salvación de 2013, naquela temporada do 4 % de posibilidades. Para o vigués: "Aquela foi máis difícil, porque non dependíamos só de nós, tamén se tiña que dar o resultado do Deportivo contra a Real Sociedade".

Roberto Lago confía na achega de Iago Aspas, que sempre aparece nos peores momentos, aínda que non está clara a súa participación no once inicial. Pero tamén confía no seu exequipo, o Xetafe, que cre que pode empatar en Valladolid e favorecer o Celta

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade