A cúpula fiscal desbota investigar as filtracións do caso da parella de Ayuso
A cúpula fiscal desbota investigar as filtracións do caso da parella de Ayuso
Por 19 votos a favor, 12 en contra e unha abstención, a cúpula do Ministerio Fiscal considerou que non debe prosperar a citada querela
A Xunta de Fiscais de Sala avalou por maioría a decisión da número dous do Ministerio Público, María Ángeles Sánchez Conde, de pedir o arquivo da querela interposta pola parella da presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, pola suposta filtración de datos da súa causa por parte da institución.
Por 19 votos a favor, 12 en contra e unha abstención, a cúpula do Ministerio Fiscal considerou que non debe prosperar a citada querela, presentada por Alberto González Amador, por presunta revelación de segredos contra a fiscala xefa de Madrid, Pilar Rodríguez, e o fiscal de delitos económicos, Julián Salto.
A fiscala do caso, María de la O Silva, apostaba por practicar unha serie de dilixencias como examinar as comunicacións do fiscal xeral, unha postura que non foi apoiada pola maioría da Xunta de Fiscais de Sala, que apoiou o criterio de Sánchez Conde.
A postura da Xunta non é vinculante para a número dous da Fiscalía, aínda que si adoita asumir a posición da maioría.