Publicador de contidos
Publicador de contidos

A defensa de Rafael Amargo pide a nulidades das escoitas e dos rexistros en que atoparon droga no seu piso

A defensa de Rafael Amargo pide a nulidades das escoitas e dos rexistros en que atoparon droga no seu piso

A fiscalía solicita para Amargo e o seu exprodutor nove anos de cárcere, e seis para o terceiro acusado

Rafael Amargo permanece no cárcere desde novembro pasado despois de incumprir a obrigación de presentarse cada quince días no xulgado

G24.gal 08/04/2024 13:24

Na Audiencia Provincial de Madrid comezou esta mañá o xuízo contra o bailador Rafael Amargo e dous dos seus principais colaboradores por tráfico de drogas. A defensa do artista anunciou que solicitará a nulidade de varias probas e que os acusados testemuñen en último lugar.

Con case un ano de atraso, ao renunciar un dos acusados ao seu avogado, comezou na Audiencia de Madrid o xuízo contra o bailador Rafael Amargo e dous dos seus principais colaboradores por traficar con metanfetamina desde o piso do artista no barrio de Malasaña.
A fiscalía solicita para Amargo e o seu exprodutor nove anos de cárcere, e seis para o terceiro acusado.

Á entrada da sede xudicial, o avogado do bailador anunciou que achegará probas de que Amargo tiña problemas severos de dependencia das drogas e solicitará a nulidade das intervencións telefónicas e dos rexistros nos que se sustenta a acusación. Solicitará tamén ao tribunal que os acusados testemuñen en último lugar.

“Hai unha xurisprudencia procesal moi clara do caso 'procés' que se está aplicando en todos os procedementos. É razoable, porque cando declara unha persoa ten que ter escoitado todas as probas anteriores para poder contrarrestalas ou matizalas, non?”.

Rafael Amargo permanece no cárcere desde novembro pasado despois de incumprir a obrigación de presentarse cada quince días no xulgado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade