A Deputación instalará canóns de aire para arranxar o problema da condensación no Pazo
A Deputación instalará canóns de aire para arranxar o problema da condensación no Pazo
Esta mañá realizouse o estudo técnico que concluíu coa necesidade de incorporar melloras na ventilación para evitar problemas futuros
O vivido a pasada fin de semana en Lugo hai quen o cualificaría de surrealista. Traballadores e voluntarios del Río Breogán tentando secar o parqué con toallas e mopas, desconcerto na bancada e unha petición común: un pazo digno.
O partido entre o conxunto celeste e o Tenerife tivo que ser suspendido xa que o protagonismo non o acaparaban as canastras, senón os resbalones dos xogadores en pista.
Quizais foi a pinga que colmou o vaso para que as melloras empecen a chegar. Sobre todo porque a próxima fin de semana o Pazo acollerá non unha, senón dúas citas deportivas de primeiro nivel como son o Río Breogán-Valencia Basket e o Durán Maquinaria Ensino-Valencia Basket.
As dúas principais categorías do baloncesto feminino e masculino do país. É por iso que a Deputación Provincial de Lugo, co seu vicepresidente e deputado de deportes á cabeza, púxose en marcha e realizou o estudo técnico para esclarecer o ocorrido durante o partido contra Tenerife.
Finalmente foi o propio deputado, Efrén Castro, o que ao concluír o estudo anunciou que se empezará a traballar desde xa para instalar uns canóns de aire quente na cámara de aire da pista co fin de reducir esta condensación de forma definitiva, do mesmo xeito reforzarase a ventilación que como admitiu o propio Efrén "estaba a traballar ao máximo" a pasada fin de semana, aínda que non foi suficiente.