Publicador de contidos
Publicador de contidos

Grande aceptación do mercado solidario Arte no Hospital, no HULA

Grande aceptación do mercado solidario Arte no Hospital, no HULA

Na mostra véndese a artesanía elaborada nos talleres de rehabilitación de Psiquiatría

Os artigos son confeccionados polos pacientes de Calde e do hospital de día
Félix Aragunde 20/11/2024 14:22

Por uns días, o vestíbulo do HULA, en Lugo, convértese nunha feira de artesanía. Trátase do mercado Arte no Hospital, onde se poñen á venda milleiros de artigos elaborados polos pacientes de Psiquiatría.

Na mostra tanto se poden atopar crebanoces de madeira como adornos de Nadal, roupa, manteis ou pezas de cerámica, todo feito nos talleres de rehabilitación ao longo do ano.

"Estes talleres pretenden que ocupen tempo en ser creativos, en socializar e en potenciar a comunicación. É terapéutico pola dificultade que os pacientes poden ter para expresar sen palabras certas emocións", relata Paula Cores, xefa de Psiquiatría do HULA.

O mercado leva xa dez anos organizándose no hospital lucense. Ata agora sempre foi un éxito, cunha recadación que non baixa dos 3.000 euros e que ten un fin solidario.

A isto hai que sumar o aforro para a cociña do HULA, de xestión pública, por parte dos talleres de horticultura do hospital psiquiátrico de Calde.

"Toda a verdura que vén de Calde transfórmase aquí e aforra o hospital de o coller. E é un beneficio que vai para eles, porque ao cabo o hospital é o que po os fondos para a terapia", conta Miguel Lombardía, monitor de horticultura do hospital de Calde.

"Os fondos recadados invístense integramente no financiamento de actividades lúdico-culturais para os pacientes. E a aceptación sempre foi moi boa, sendo unha das actividades das que máis gozamos no HULA", explica a xefa de Psiquiatría.

A mostra Arte no Hospital só permanece aberta durante tres días, suficientes para chegar a vender todos os artigos expostos.

A exposición pode visitarse ata este xoves no vestíbulo do hospital lucense A exposición pode visitarse ata este xoves no vestíbulo do hospital lucense
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade