Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigadores galegos estudan como usar a IA para axudar a detectar a depresión a través das redes sociais

Investigadores galegos estudan como usar a IA para axudar a detectar a depresión a través das redes sociais

Un equipo de informática da UDC, xunto á USC e outros campus europeos, traballan desde 2017 nunha tese sobre a detección de trastornos mentais empregando modelos computacionais

G24.gal 05/08/2024 16:49 Última actualización 05/08/2024 17:27

É habitual que a xente transmita as súas emocións e estados de ánimo nas mensaxes en redes sociais. Pois ben, a través de modelos computacionais, como o chat GPT, é posible analizar estes escritos e detectar posibles trastornos mentais como a depresión.

Nisto está traballando desde o 2017 un equipo da Facultade de Informática da UDC xunto a investigadores da Universidade de Santiago e doutros campus europeos.

Participan no proxecto tamén psicólogos para validar os modelos computacionais, porque, como din os investigadores, este estudo é para axudar os expertos a diagnosticar a depresión de xeito temperán, pero nunca para suplantar o labor dos psicólogos.

Unha ferramenta e unha aplicación máis da intelixencia artificial para detectar un dos grandes males do noso tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade