Publicador de contidos
Publicador de contidos

A derrota diante de Djokovic precipita o adeus de Nadal a París

A derrota diante de Djokovic precipita o adeus de Nadal a París

Agora pelexará no dobre xunto a un Alcaraz que está na terceira eliminatoria no cadro individual

G24.gal 29/07/2024 22:03

7 de xuño de 2006 en Roland Garros, pero no mesmo escenario que esta tarde. Esa foi a primeira vez que os dous xogadores máis laureados da historia se enfrontaban. O 29 de xullo de 2024, 18 anos despois, ponse un máis que probable punto e final a esta rivalidade histórica. O partido comezou moi mal para Nadal, Djokovic púxose rápidamente 5-0 arriba e o público, sempre a carón do español, temíase o peor, pero Rafa logrou un xogo e maquillar o resultado; 6-1 ao final do primeiro set.

O inicio do segundo set, igual que o do primeiro, facía pensar que o partido remataría rápido. 4-0 do serbio nun abrir e pechar de ollos, e as pernas non contestaban, pero como tantas outras veces Rafa fixo soñar a todo un país con que gañar era posible, con esa maxia que só transmite Rafael Nadal. O físico deulle un respiro, e con puntos de videoxogo levou a Djokovic contra as cordas.

A ilusión durou o suficiente para emocionarse co tenista balear que colocou o 4-4 no marcador. Pero Novak non quería sustos, rotura inmediata para poñer o 5-4, e partido para o serbio. Malia todo, o camiño non rematou, e agora tocará soñar nos dobres xunto a Alcaraz.

Pola súa banda, Carlos Alcaraz xa está en oitavos tras vencer en segunda ronda a Griekspoor. Alcaraz gañou por 6-1 e 7-6. A primeira manga dominouna completamente o murciano e na segunda o neerlandés opuxo máis resistencia para decidirse o encontro no tie break. O vindeiro rival de Alcaraz será o ruso, que disputa os Xogos como neutral, Roman Safiullin.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos