A dimisión de Costa marca o arranque do congreso dos socialistas europeos

O exprimeiro ministro portugués será o gran ausente en Málaga

Sánchez intervirá este sábado coa investidura xa garantida

Antón Montero 10/11/2023 20:22 Última actualización 10/11/2023 20:32

António Costa será o gran ausente no Congreso do Partido Socialista Europeo que se celebra desde hoxe en Málaga. Na primeira xornada, o presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, mantivo un encontro co chanceler alemán, Olaf Scholz.

O mandatario español intervirá este sábado ante o plenario, na que será a súa primeira intervención pública tras a sinatura do acordo de investidura co partido de Carles Puigdemont.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade