A DINA deixa 20.000 hectáreas de cultivos estragados en Valencia
A DINA deixa 20.000 hectáreas de cultivos estragados en Valencia
Estiman en 160 millóns as perdas agrícolas que estaban aseguradas
Tamen avalian danos as 49.000 empresas afectadas nos concellos afectados
Nos 68 concellos afectados pola DINA en Valencia hai preto de 49.000 empresas prexudicadas pola riada. A maioría son do sector servizos seguido do da construción e en menor medida da industria. Supoñen o 32% do produto interior bruto da provincia segundo a Cámara de Valencia, que xa fai contas de perdas económicas e de emprego.
Tamén recaba información para avaliar danos o sector agrícola. Unha primeira estimación de Agroseguros estima en 20.000 as hectáreas afectadas.
Hai perdas catastróficas nos cultivos de laranxa. Tamén quedaron moi danadas as plantacións de de caqui, de améndoa, os produtos de horta e en menor medida os viñedos porque xa estaba recollida toda a uva.
O capital agrícola asegurado que sufriu o impacto da DINA é de 160 millóns de euros. E aínda que seguen chegando reclamacións, esta cifra xa suporía o fenómeno meteorolóxico máis destrutivo nos 44 anos de existencia deste seguro agrario.