O PP apoiará o decreto de axudas pola DINA, pero cre que é "insuficiente"
O PP apoiará o decreto de axudas pola DINA, pero cre que é "insuficiente"
O primeiro paquete, por valor de 10.600 millóns de euros, publicouse este mércores no BOE
O Goberno vincula as seguintes fases para a reconstrución á aprobación dos presupostos xerais do Estado
Queda en liberdade o home detido por golpear o coche de Sánchez na visita a Paiporta
Este mércores, publicouse no BOE o primeiro paquete de axudas aos afectados pola DINA por valor de 10.600 millóns de euros.
O Goberno aclara que o decreto lei xa está operativo e que non está vinculado aos presupostos xerais do Estado. Si que terá que validarse no Congreso, e o PP xa anunciou que votará a favor, aínda que considera que "non é suficiente".
Queren os populares que se cubran os 31.400 millóns que solicitou o presidente da Comunidade Valenciana, Carlos Mazón, e que se faga a través de reais decretos, sen agardar a que se aproben os presupostos.
Pero para o Goberno, tal cantidade de recursos "ten que ter o seu reflexo nas contas do Estado, é dicir, nos presupostos", en palabras de Fernando Grande-Marlaska. O ministro do Interior cualifica a actitude do PP de "cinismo que nestes momentos, e ante unha traxedia, é imperdoable".
Para o PP é o Goberno o que quere sacar tallada política da catástrofe. Para Cuca Gamarra, secretaria xeral do PP, "non é o camiño intentar utilizar esta traxedia para sacar uns presupostos xerais do Estado, cando eles saben perfectamente que non é necesario".